martes, 17 de noviembre de 2020

O noso proxecto sobre a Literatura Oral en Ordes!

Hoxe chegounos á aula unha carta para animarnos a participar nun proxecto de Literatura Oral. Deste xeito, axudámoslle a Xoaniña a coñecer máis sobre a literatura oral de Ordes. Non sabemos quen é Xoaniña pero, aínda así, estamos dispostos e dispostas a axudarlle!
E... QUE É ISO DE LITERATURA ORAL?
Os/as estudantes de 3ºB, realizaron unhas actividades sobre o Magosto! A celebración do Magosto forma parte da nosa cultura e está relacionada coa tradición oral. Antigamente celebrábase a festa do Magosto e a matanza do porco en San Martiño, o día 11 de novembro, para homenaxear a colleita obtida. Facíase unha especie de festa e alí comíanse rixóns, castañas, bebíase viño, etc. Ademais, arredor do lume era frecuente contar moitas historias, lendas, contos, etc. Tamén,cómpre destacar que existen historias e lendas que contan que a castaña é a unión que temos, en vida, coa alma dos defuntos. No outono, concretamente o 1 de novembro, homenaxeamos aos defuntos. Interesante... non si?