ADIVIÑAS, REFRÁNS...

AS ADIVIÑAS: Na xornada de hoxe traballamos entorno ás adiviñas. O alumnado tivo que resolver diferentes adiñas e para isto, axudáronse uns a outros, sempre respectando as medidas de seguridade que se deben tomar debido a pandemia, Covid-19, que estamos a vivir actualmente. Despois, cada alumno/a tivo que escribir unha adiviña que coñecese e outra inventada seguindo o método de Rodari. Este foi un escritor, pedagogo e periodista italiano que sempre estivo ao servizo dunha renovación educativa. O método que propón para que os nenos e nenas elaboren as súas propias adiviñas forma parte da escritura creativa. Desta forma, os/as estudantes poñen en orde as súas ideas e encontran a inspiración necesaria para elaborar as súas propias obras literarias. Ademais, unha boa forma para deixar voar a imaxinación dos/as nosos/as cativos/as é elaborar adiviñas! Os/as alumnos/as de 3ºB de Ed. Primaria son, sen dúbida, uns expertos en crear adiviñas! No libro de Rodari: "Gramática de la Fantasía" descríbense os pasos para diseñar adiviñas. Rodari chámalle operacións aos distintos pasos que se deben seguir. Estes son catro: Extrañamento, asociación e comparación, metáfora final e cuarta operación.
Outra das actividades que realizamos foi unha ficha que contiña trabalinguas, cantigas de xogos e refráns. O xogo consistía en memorizar algún trabalinguas, adiviñar o significado dos diferentes refráns empregando distintas estratexias e ademais, os/as estudantes recitaron diferentes cancións de xogos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario