martes, 17 de noviembre de 2020
O noso proxecto sobre a Literatura Oral en Ordes!
Hoxe chegounos á aula unha carta para animarnos a participar nun proxecto de
Literatura Oral. Deste xeito, axudámoslle a Xoaniña a coñecer máis sobre a
literatura oral de Ordes. Non sabemos quen é Xoaniña pero, aínda así, estamos dispostos e
dispostas a axudarlle!
E... QUE É ISO DE LITERATURA ORAL?
Os/as estudantes de 3ºB, realizaron unhas
actividades sobre o Magosto!
A celebración do Magosto forma parte da nosa
cultura e está relacionada coa tradición oral. Antigamente celebrábase a festa
do Magosto e a matanza do porco en San Martiño, o día 11 de novembro, para homenaxear a
colleita obtida. Facíase unha especie de festa e alí comíanse rixóns, castañas,
bebíase viño, etc.
Ademais, arredor do lume era frecuente contar moitas historias,
lendas, contos, etc. Tamén,cómpre destacar que existen historias e lendas que contan
que a castaña é a unión que temos, en vida, coa alma dos defuntos. No outono, concretamente o 1 de
novembro, homenaxeamos aos defuntos. Interesante... non si?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario