O NOSO APALPADOR.

O Apalpador pertence á tradición oral galega. A lenda, como xa vimos noutra actividade, conta que este home baixa da montaña, onde vive, cara ás aldeas cercanas. Esto faino nas noites do 24 e o 31 de decembro. Entra nos cuartos dos/as cativos/as e pálpalles a barriga para saber se están ben alimentados. Logo, déixalles un puñado de castañas como agasallo de Nadal. Nunha sesión de Educación Artística Plástica, realizamos o noso Apalpador. Primeiramente, repartímoslle a cada alumno/a unha peza dun puzzle. Cada estudante coloreouno das cores que quixo empregando ceras brandas. Finalmente, montamos o puzzle e nese momento decatámonos de que era a figura do Apalpador e unha castaña. Os/as estudantes mostraban entusiasmo e intigra por saber de que personaxe se trataba e moitos/as deles/as comentaban que personaxe lles parecía que podía ser. Este foi o resultado!
Ademais, montamos outro Apalpador e colgámolo tamén no corcho da aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario